Participación

Democracia participativa

A democracia é o corazón do proxecto profesional de Cidadania. É un campo onde é positivo afondar, tanto nas administracións públicas, como nas organizacións sociais e económicas.

O noso traballo pretende facilitar a participación activa da cidadanía nas políticas públicas e tamén axudar a que as asociacións e colectivos sociais se vertebren e fortalezan.

Cidadania é pioneira en Galicia neste traballo e ten asumido a dirección técnica de procesos participativos complexos como as axendas 21 locais das principais cidades galegas, os Orzamentos Participativos de Ferrol e outros proxectos tanto públicos como asociativos.

A democracia participativa é un ámbito no que experimentamos e innovamos constantemente.

leer más

Investigación Social

Cidadania realiza investigacións sociolóxicas, utilizando as diferentes metodoloxías cuantitativas e cualitativas: estudio das cualificacións e os perfís profesionais, análise de necesidades sociais, enquisas, grupos de discusión, foros,…

Somos profesionais deste eido e deseñamos as investigacións pensando en obter a maior utilidade: móvenos comprender a realidade para poder incidir sobre ela.

Cando realizamos investigación-acción participativa, poñemos en valor as achegas das persoas e colectivos sociais.

leer más

Consultoría

Consultoría pública

As políticas públicas poden ser máis acertadas se utilizan ben as ferramentas de análise, planificación e avaliación nas que Cidadania está especializada. Comprometémonos a poñer as disciplinas das ciencias sociais ao servizo da innovación, a modernización e a mellora da acción pública.

Para iso, Cidadania desenvolve: deseño e posta en marcha de políticas públicas; planificación; dinamización de equipos técnicos e avaliación de plans, programas e servizos.

leer más

Formación

Mellora organizativa

Partindo da importancia central das persoas, Cidadania ten os seguintes criterios:

  • O asesoramento e a formación é á carta, fuxindo de receitas universais.
  • Aplicamos o enfoque da formación-acción, aprendendo a partir da aplicación práctica dos coñecementos.
  • Poñemos a disposición ferramentas que garanten que as organizacións poidan continuar de forma autónoma os seus procesos de cambio e mellora.

Cidadania é un equipo de referencia na mellora organizativa das cooperativas e entidades de economía social.

leer más