Actualidade

Orzamentos participativos A Coruña

Durante o período que vai de abril a setembro estaremos coordinando o proceso de dinamización dos Orzamentos Participativos no concello da Coruña. Os Orzamentos Participativos son unha ferramenta para que os veciños e as veciñas da Coruña decidan libremente e de maneira directa en que empregar unha parte do orzamento do seu Concello. A cidadanía propón…

Proxecto Candieira. Comezan os programas de acompañamento

Candieira é un proxecto de cooperación entre diferentes Grupos de Acción Locais do Sector Pesqueiro (GALP) para  favorecer o emprendemento das mulleres nas zonas costeiras de Galicia que comezou en xuño de 2017. Cidadania forma parte do equipo técnico que leva adiante este proxecto. As áreas comprendidas abranguen os territorios dos GALP Ría de Vigo-A…

A cooperativa Cidadanía estrea web

Vén de poñerse en funcionamento cidadania.coop, a nova web da cooperativa Cidadanía, cun deseño mellorado e máis adaptado ás novas potencialidades da comunicación social con respecto á anterior web de 2010. A través dunha cabeceira principal pódese acceder ao todo o contido relativo á cooperativa, aos seus valores, áreas de traballo e biografías,…
Reportaxe de Cidadania en Mellor Xuntos

Reportaxe de Cidadania en Mellor Xuntos

Recentemente emitiuse no programa Mellor Xuntos da TVG unha reportaxe sobre varias cooperativas entre as que estaba Cidadania. Aínda que vos recomendamos ver o programa enteiro, podedes ver a nosa reportaxe a partir de 14:11. Para ver o programa: Premer aquí