Quen somos

Antón Ínsua López

O actual xerente de Cidadanía estudou Ciencias Económicas. A experiencia laboral de Antón está vencellada á xestión de programas de formación continua e ocupacional. Foi docente no ámbito dos Recursos Humanos (Relacións Laborais e Prevención de Riscos) e da Xestión Empresarial (Contabilidade e Fiscal). É asesor en Cooperativismo e Economía Social (foi un dos fundadores de Coop57 Galiza, e de Salgueiriños de Consumo, Soc. Coop. Galega).

Este viveirense familiar e próximo é un bo aficionado á apicultura e ten colmeas no lugar de Tufións (Vimianzo).

Luís García García

Luís licenciouse en Ciencias Políticas e da Administración, na especialidade de Administración Pública, e neste campo traballou como analista de políticas públicas (a nivel local e autonómico). Dirixiu procesos de planificación e desenvolvemento estratéxico e de intervención sociocomunitaria. Ten coordinado proxectos de investigación, participación e planificación orientados ao desenvolvemento sostible.

Nacido en Antas de Ulla, Luís é un gran coñecedor do rural galego, por onde pasea sempre que pode. Gosta de andar en bici e de practicar deporte.

Rosa Muñiz Castro

Rosa estudou Ciencias Políticas, especializándose en Administración Pública. Coordina procesos de participación cidadá, dinamización e deseño de programas de carácter estratéxico. É experta na análise e planificación de políticas públicas no ámbito da igualdade e no desenvolvemento local, e tamén na formación para a educación en cooperativismo.

Criada entre Galicia e Asturias, vive desde os 14 anos en Compostela, cidade que fixo súa participando na vida de barrio (San Pedro). Gosta do mar e do monte por igual, de divertirse cos seus fillos e estar na compaña das súas amigas.

Armando Broz Fidalgo

Tras estudar Ciencias Políticas e da Administración, especializouse en Estudos de mercado e opinión. Armando ten dirixido e coordinado proxectos de investigación de corte cuantitativo e cualitativo. Deseña procedementos loxísticos do traballo de campo e fai análise de información. En relación con isto, desenvolveu accións de planificación e investigación aplicada en diversos ámbitos como o cultural, as novas tecnoloxías ou a formación e o emprego.

Armando escoita música dream pop e rock gótico. Adora a literatura rusa do XIX e o cinema negro americano clásico. Naceu e vive en Santiago, se ben a súa infancia transcorreu en Melide.

 

Jesús de la Fuente Blanco

Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, a especialidade de Suso é a de Administración Pública. Dirixiu e coordinou procesos de planificación e desenvolvemento estratéxico, así como proxectos de investigación social de carácter cualitativo e cuantitativo. É especialista na análise e a elaboración de informes ena coordinación de traballos de campo.

Do rural compostelán, da Susana de toda a vida, Suso é un home de mundo, disposto e habilidoso para calquera traballo manual que se lle presente.

Ana Lorenzo Vila

Licenciada en Socioloxía, Ana traballa no desenvolvemento económico e social: democracias participativas, economía social e economía alternativa.
Como investigadora, é experta en investigación-acción participativa. A través da formación e do asesoramento, desenvolve as competencias relacionadas coa cooperación, o traballo en equipo, a creatividade, o emprendemento, o traballo en rede e a participación, entre outras. É autora de varias publicacións nestes eidos.

Ana é de Vigo, encántalle o aire libre e practica ioga. É vexetariana pero devora novelas.