Participación

A democracia é o corazón do proxecto profesional de Cidadanía. É un eido onde é positivo afondar, tanto nas administracións públicas, como nas organizacións sociais e económicas.

O noso traballo pretende facilitar a participación activa da cidadanía nas políticas públicas e tamén axudar a que as asociacións e colectivos sociais se vertebren e fortalezan.

Cidadanía é pioneira en Galicia neste campo, e ten asumido a dirección técnica de procesos participativos complexos como as axendas 21 locais das principais cidades galegas, os orzamentos participativos de Ferrol e outros proxectos, tanto públicos como asociativos.

A democracia participativa é un ámbito no que experimentamos e innovamos constantemente.