O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000

Vol. I. Política lingüística: Análise e perspectivas. Consello da Cultura Galega. 2003 O obxectivo deste informe era realizar unha análise das políticas lingüística desenvoltas en Galicia pola Administración Autonómica durante os anos que van de 1980 a 2000. Cidadanía, en estreita colaboración co Consello da Cultura Galega, efectuou unha análise das principais liñas de actuación da Xunta de Galicia, tomando en consideración tanto o material documental como as suxestións realizadas a través dun panel de expertos coordinado polo noso equipo técnico.