Valores

Alegría

A alegría é un valor profundo de todo o equipo de Cidadanía. É a nosa aspiración e, ao mesmo tempo, unha condición para que moitos proxectos vaian adiante. A alegría é un potente motor.

Cooperación

Cidadanía fai seus os principios da Alianza Cooperativa Internacional: participación económica, xestión democrática, formación, intercooperación, nterese pola comunidade…

O noso modelo de relacións laborais dá máis importancia ao emprego que aos beneficios económico financeiros, e busca a conciliación do desenvolvemento laboral co doutras potencialidades persoais. Esta aposta achegounos motivación e implicación no traballo, o que incidiu na calidade do mesmo.

Compromiso

Aspiramos a a promover unha sociedade máis xusta e solidaria, impulsando e facilitando a implantación de modelos de organización participativos e democráticos nos ámbitos público, privado e social.

Establecemos relacións simétricas cos nosos clientes e cos colectivos para os que traballamos, enfatizando o noso papel ‘facilitador’ na construción colectiva de coñecemento, de iniciativas e de proxectos.

Liberdade

A liberdade é unha aspiración universal coa que nos identificamos profundamente. Dentro das moitas expresións da liberdade, como equipo profesional hai unha que destaca sobre as demais: a creatividade. O noso proxecto cooperativo e profesional está creado para proxectarnos, inventar novas respostas, innovar, repensar vellos límites.

Valores Cidadanía