Tecnicas participativas de dinamización no ambito agroforestal

Dous dos nosos colaboradores impartirán o curso “Técnicas participativas de dinamización no ámbito agroforestal” o 10 de Novembro en Tambre.

O obxectivo e coñecer unha metodoloxía participativa, adaptada os GDRs e o escenario no que operan, orientada a promoción de iniciativas de agrupación e/ou cooperación entre as xentes do ámbito forestal.

dipticoV2

As Fragas Artesás

Cidadania participará na realización do proxecto de sensibilización ambiental a través das actividades artesanais no Eume. Un proxecto que enlaza os recursos naturais coas actividades artesanais e a oferta turística. Para a realización do proceso cóntase coa colaboración da entidade asociativa Artesáns do Eume, que agrupa a un conxunto de artesáns e artesás de diferentes concellos da zona do Eume.

A presente proposta técnica é promovida polo Concello de As Pontes e encádrase dentro das axudas que a Xunta de Galicia ten en materia de conservación dos recursos naturais e o fomento de accións para a poboación local para o desenvolvemento sustentable dos espazos naturais protexidos.