Guía de modelos de xestión societaria en cooperativas, por EspazoCoop

Esta guía, elaborada pola Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, é unha colección de distintos modelos para a xestión societaria en empresas cooperativas. Quere ser unha ferramenta que axude ás cooperativas a entender, documentar e formalizar distintos trámites de obrigado cumprimento e ten como obxectivo:
– Axudar na boa gobernanza da cooperativa.
– Axudar a comprender e aplicar as normas que regulan o funcionamento da cooperativa.
– Axudar na correcta realización de trámites e procesos documentais, establecidas na normativa vixente.

Cada situación de xestión societaria plantexada na guía conta con tres partes:
– Regulación: que di a normativa sobre ela?.
– Procedemento: cales son os pasos a dar?.
– Modelo de escritos ou documentos para unha correcta xestión da situación

Podes descargar a guía aquí.

Participamos no II encontro dO Globo, un espazo para a promoción da cidadanía global, iniciativa da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia

O II Encontro do Globo reuniu virtualmente a 80 persoas, que se atoparon nun espazo común no que compartir micro – experiencias de transformación social moi diversas.

Neste encontro houbo de todo: unha benvida motivadora, palabras e experiencias dende o outro lado do mundo, música, arte en directo, e tamén unha feira de micro – experiencias de transformación social. Viaxando polo ciber espazo, puidemos achegarnos a distintas iniciativas que se están desenvolvendo na nosa contorna, seguindo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Mirade o vídeo resumo do II Encontro do Globo!