
Atadeiras: a gobernanza das redeiras da Guarda
As redeiras da Guarda conclúen o seu proxecto Atadeiras nunha xornada de celebración e posta en valor desta iniciativa para a visibilidade do seu oficio e do sector pesqueiro guardés.

Elas Deciden | Corpo, territorio e paz
Asamblea de cooperación pola paz Galicia promove este programa dirixido ao fortalecemento dos vínculos entre mulleres do mar de Galicia e O Salvador.

Mariscando conCiencias para o futuro pasa o seu ecuador
Adentrámonos na arte vivencial para dialogar entre corpos con distintas linguaxes. Mariscadoras a pé e bailarinas profesionais intercambian xestos, movementos e experiencias que poñen o corpo no centro e que comporán a peza de danza sobre o pasado, presente e futuro do marisqueo a pé na Enseada de San Simón

Pesca saúde nos centros de atención primaria
Pesca Saúde é un proxecto de cooperación dos GALP galegos que promove o consumo de produto pesqueiro, destacando o seu vínculo cos hábitos de vida saudables. Aliámonos co ámbito sanitario no desenvolvemento desta iniciativa que aúna o mundo do mar co da saúde.