Video explicativo do sistema de votación

De forma caseira, elaboramos un vídeo para explicar un proceso de votación que presenta dúas dificultades de partida: participará moita xente, polo que debe prever un reconto áxil; e inclúe non só a eleción de 10 propostas, senón a súa priorización.

Cidadania no Congreso de Democracia Participativa

Entre o 15 e o 17 de decembro, celébrase en Málaga o Congreso de Democracia Participativa e Desenvolvemento Local, onde se abordarán reflexions metodolóxiacas e experiencias prácticas en torno a diferentes ámbitos da democracia de base: deseño de políticas públicas, orzamentos participativos, o dereito á cidade, a economía social e a participación no deseño do espazo. Cidadania participará o día 16 nunha mesa sobre economía social e desenvolvemento local.

http://www.presupuestosparticipativos.com/congreso-internacional-de-democracia-par/_C3VTDDatmVEmYYYsYdvRIsil_ngZxyrxuaLw3mBu5CmYlH3K-GIEAtsYz2OYAxS2

Proxecto Fénix: a Educación Ambiental en Galicia

Xa está publicado o estudo sobre o estado de situación da educación ambiental na Galicia. Recolle unha parte demoscópica na que ten colaborado Cidadania, ademais de estudos nos ámbitos da profesionalización do sector, as accións municipais, as encadradas no ensino, as do movemento asociativo e ecoloxista, a situación dos equipamentos ambientais e unha aproximación á cultura ambiental da sociedade galega. Noraboa á SGEA por este importante traballo!

http://www.sgea.org/cdfenix/fenix.swf?PHPSESSID=4f0375d3729ba768ade3adee67a43891