Declaración final do Foro de Metodoloxías Participativas
Cidadania participou no Foro de Metodoloxías Participativas celebrado en Madrid entre os días 22 e 24 de abril de 2016. Como conclusión deste Foro emitiuse a seguinte declaración colectiva:
Reunidas case 400 persoas profesionais e activistas que usamos as metodoloxías participativas nos estados portugués e español, durante os días 22 a 24 de abril de 2016, queremos facer a seguinte declaración e chamamento ás nosas sociedades:
En primeiro lugar constatar que nas últimas décadas foi moi notable a amplitude e crecemento das experiencias nas nosas cidades e pobos, nos nosos traballos e centros de ensino, entre a mocidade e entre persoas maiores. Pero non todo o que se chama participación pode ser considerado como tal, non se poden confundir as prácticas de solicitude de opinión para lexitimar decisións tomadas previamente, coa participación plena e a construción colectiva. Leer más