Presentamos as conclusións sobre a situación profesional das mulleres da Ría de Arousa
Mediante este proxecto promovido polo Grupo de acción local do sector pesqueiro da Ría de Arousa, pretendeuse poñer en valor a actividade profesional que realizan as mulleres do mar na Ría de Arousa, así como os avances conseguidos en materia de igualdade no sector.
Mediante a recompilación e a análise de datos obtívose unha fotografía da cantidade de mulleres do mar do territorio e, logo do traballo con diversos colectivos de mulleres do mar (bateeiras, mariscadoras, conserveiras, entre outras), puidemos afondar nas condicións profesionais das mulleres do mar.
Á xornada de presentación dos resultados e conclusións asistiron arredor de 60 mulleres de distintos perfís profesionais, traballadoras e promotoras de diversos proxectos profesionais e asociativos no territorio. Ademáis, contamos coa presencia da Asociación de Mulleres do Mar de Arousa, ANMUPESCA, e o apoio institucional da presidenta do GALP, do Concello de Vilagarcía de Arousa, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e da Consellería do mar.