A mostra do posible

Esta fin de semana celébrase en Cangas a Mostra do Posible, un encontro de entidades de economía solidaria e movementos sociais, mediante o que faise visible que existen alternativas para construír un mundo mais xusto.

As empresas de economía solidaria buscan cooperar en lugar de competir, e os movementos sociais inflúen na toma de decisións sobre o que é de todos e de todas. Nesta Mostra celebraranse distintas actividades nas que poderemos coñecer en profundidade as accións levadas a cabo polas entidades.

Anota a data! 3 e 4 de outubro, en Cangas. Para mais información podes premer neste enlace.

Axudas por incorporación de nova socia

Este ano foinos concedido unha axuda pola incorporación de Ana González García como nova socia de Cidadania. Dita axuda enmarcase dentro do programa APROL-Economía Social, que está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e financiada polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

O Ministerio de Igualdade publica os resultados da macroenquisa sobre violencia contra as mulleres

Esta enquisa, que se realiza aproximadamente cada 4 anos, permite coñecer a prevalencia da violencia exercida contra as mulleres polo feito de ser mulleres.

Como novidades, nas entrevistas levadas a cabo ampliáronse os temas a explorar, adaptándose ás directrices do Convenio de Estambul e dando resposta a medidas contempladas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Así, abórdanse o acoso sexual; amplíase o módulo de violencia sexual fóra da parella; os ítems cos que se mide a violencia sexual, psicolóxica e económica en parella; e as consecuencias físicas e psicolóxicas producidas por ter sufrido violencia machista.

Os resultados amosan un escenario que evidencia que a violencia contra as mulleres é estrutural, e pon de manifesto a necesidade de continuar traballando dende moitos ámbitos para erradicar a violencia de xénero.