Actualidad

Cociña de produto pesqueiro nos mercados de abastos!
Pesca Saúde continúa reforzando o consumo de peixes en fresco, achegando elaboracións sinxelas e atractivas á veciñanza nos mercados de abastos.

Imaxinamos e construímos futuro na Enseada de San Simón
Mariscando conCiencias visualiza os futuros posibles e desexados na Enseada de San Simón, en relación ao marisqueo a pé. Mariscadoras e persoal do ámbito científico dialogan, a través de técnicas creativas, sobre como será o mar, o produto pesqueiro, a sociedade e as organizacións do mar na Enseada no 2040.

Ostras do Ártabro conclúe cunha xornada de degustación
Este proxecto investigou elaboracións en fresco e en conserva dun recurso pesqueiro novo, valorizando as súas propiedades e sabores na zona do Ártabro Norte

Atadeiras: a gobernanza das redeiras da Guarda
As redeiras da Guarda conclúen o seu proxecto Atadeiras nunha xornada de celebración e posta en valor desta iniciativa para a visibilidade do seu oficio e do sector pesqueiro guardés.