A participación en tempos de distanciamento
A situación provocada pola COVID-19 fai que teñamos que revisar as formas nas que acompañabamos procesos participativos, para facelos compatibles co coidado da saúde de todas e todos. Neste texto, queremos compartir algunhas das estratexias que levaremos adiante nos próximos meses nos procesos participativos nos que estamos implicadas. Estas reflexións…
Impulsar a cultura participativa
Nesta guía abórdanse os conceptos básicos relacionados coa participación, propoñendo diferentes dinámicas para facelo dunha forma activa.
Promover a participación dentro dunha organización
Esta guía céntrase nas canles e dinámicas de participación dentro das organizacións.
Mobilizar a participación social
Esta guía céntrase nos procesos de participación abertos, nos que as organizacións buscan colaborar con outras e abrirse á sociedade, impulsando a mobilización da cidadanía.
Liderado democrático e transformador
Esta guía céntrase en reflexións e exercicios para fomentar un tipo de liderado democrático e transformador.
Organizarnos en equipo
Esta guía céntrase en como organizarse de modo democrático e vai dirixida ao alumnado de secundaria.
Pasamos á acción!
Esta guía céntrase en como pasar á acción, para acadar obxectivos de transformación social mobilizando a persoas e axentes próximos.
Xornadas do movemento veciñal de Compostela
Os resultados obtidos nas diferentes Xornadas do Movemento Veciñal en Santiago de Compostela