Manual de dinamización. Mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero

Os contidos deste manual recollen diversas recomendacións e propostas de traballo dirixidas ás mesas locais contra a violencia de xénero, tanto ás de recente constitución, como a aquelas experiencias con maior traxectoria. Coa proposta de dinamización pretendese enriquecer o labor das entidades e persoas que forman parte das mesas locais, adaptándose á súa realidade concreta.

Esta guía é un complemento ao documento elaborado pola Secretaría Xeral de Igualdade, sobre a constitución das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero.