Mobilizar a participación social
O obxectivo destas guías promovidas por Solidariedade Internacional de Galicia é afondar na cultura participativa, a través da mellora das capacidades para a organización democrática e a dinamización de procesos de participación social. Esta terceira guía céntrase nos procesos de participación abertos, nos que as organizacións buscan colaborar con outras e abrirse á sociedade, impulsando a mobilización da cidadanía. Céntrase nos procesos de participación abertos ao conxunto da cidadanía, ou a algún grupo social de modo específico, pero non circunscrito a unha organización.