{"id":1312,"date":"2017-04-04T10:38:40","date_gmt":"2017-04-04T10:38:40","guid":{"rendered":"https:\/\/cidadania.coop\/?p=1312"},"modified":"2017-04-05T10:51:28","modified_gmt":"2017-04-05T10:51:28","slug":"a-cooperativa-cidadania-estrea-nova-web","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cidadania.coop\/es\/a-cooperativa-cidadania-estrea-nova-web\/","title":{"rendered":"A cooperativa Cidadan\u00eda estrea web"},"content":{"rendered":"<p>V\u00e9n de po\u00f1erse en funcionamento <a href=\"https:\/\/cidadania.coop\">cidadania.coop<\/a>, a nova web da cooperativa Cidadan\u00eda, cun dese\u00f1o mellorado e m\u00e1is adaptado \u00e1s novas potencialidades da comunicaci\u00f3n social con respecto \u00e1 anterior web de 2010. A trav\u00e9s dunha cabeceira principal p\u00f3dese acceder ao todo o contido relativo \u00e1 cooperativa, aos seus valores, \u00e1reas de traballo e biograf\u00edas, redes, novas, publicaci\u00f3ns e datos de contacto.<\/p>\n<p>Cidadan\u00eda \u00e9 unha <strong>cooperativa galega de traballo asociado<\/strong> fundada en 1999. A investigaci\u00f3n social e a consultor\u00eda p\u00fablica son as s\u00faas actividades principais. Na actualidade conforman o equipo multidisciplinar de Cidadan\u00eda seis persoas socias, todas elas profesionais do \u00e1mbito das ciencias sociais. A articulaci\u00f3n entre a investigaci\u00f3n, a planificaci\u00f3n p\u00fablica, a xeraci\u00f3n de capital social e a innovaci\u00f3n desde os principios cooperativos, as\u00ed como a aposta pola democracia participativa son as s\u00faas principais li\u00f1as de traballo. As s\u00faas acci\u00f3ns desenv\u00f3lvense na dimensi\u00f3n comunitaria e p\u00fablica da realidade social. Te\u00f1en traballado no dese\u00f1o e no desenvolvemento de iniciativas de econom\u00eda social para a administraci\u00f3n p\u00fablica, con ONGs e co sector asociativo e veci\u00f1al.<\/p>\n<p><strong>Unha cooperativa de referencia<\/strong><\/p>\n<p>Pola s\u00faa bagaxe e bos resultados no dese\u00f1o de procesos participativos, Cidadan\u00eda \u00e9 desde hai anos un referente a nivel galego e estatal no avance e dinamizaci\u00f3n de procesos de participaci\u00f3n cidad\u00e1 e na aplicaci\u00f3n de metodolox\u00edas participativas ligadas ao dese\u00f1o de pol\u00edticas p\u00fablicas.<\/p>\n<p>En 2016 recibiu o Premio \u00e1 Cooperaci\u00f3n 2016 ao Mellor Proxecto Cooperativo pola s\u00faa conexi\u00f3n entre a cidadan\u00eda e as administraci\u00f3ns. Ten participado en numerosos encontros e congresos de promoci\u00f3n da econom\u00eda social e solidaria, e ten sido referencia para outras cooperativas do seu perfil creadas noutras localidades do Estado.<\/p>\n<p>Desde a s\u00faa creaci\u00f3n at\u00e9 hoxe formaron parte da equipa de Cidadan\u00eda diversas persoas socias e traballadoras que gardan un recordo \u00f3ptimo da s\u00faa aprendizaxe; tam\u00e9n son moitas as persoas traballadoras da administraci\u00f3n e t\u00e9cnicas que falan da cooperativa desde a admiraci\u00f3n e o reco\u00f1ecemento:<\/p>\n<p>\u201cCidadan\u00eda foi para min a verdadeira universidade, na que cobraron vida palabras como metodolox\u00eda, traballo en equipo, corresponsabilidade, proxectos&#8230; Cidadan\u00eda representa o benestar com\u00fan, a dedicaci\u00f3n \u00e1 igualdade e o bo facer do equipo humano que leva anos constru\u00edndo cidadan\u00eda.\u201d (<strong>LUC\u00cdA CANOURA. T\u00e9cnica de proxectos<\/strong>).<\/p>\n<p>\u201cEn m\u00e1is dunha ocasi\u00f3n, acudimos a Cidadan\u00eda para obter gu\u00eda e axuda na posta en marcha de procesos participativos. En t\u00f3dolos casos nos que recabamos a colaboraci\u00f3n de Cidadan\u00eda os resultados foron extraordinariamente satisfactorios. Cidadan\u00eda sempre achegou valor por riba das nosas expectativas. Dalg\u00fan modo, Cidadan\u00eda achega algo \u00fanico; algo que se me antolla imposible de atopar noutras consultoras.\u201d (<strong>FERNANDO BOUZAS. Administrador de Promoci\u00f3n e Comunicaci\u00f3n do Centro de Supercomputaci\u00f3n de Galicia<\/strong>).<\/p>\n<p>\u201cO equipo de Cidadan\u00eda destaca pola s\u00faa sensibilidade e respecto \u00e1 hora de abordar un proxecto, as\u00ed como polo seu compromiso cooperativo e persoal. Non se trata de <i>cubrir expediente <\/i>sen\u00f3n de realizar sempre o mellor traballo posible dando o m\u00e1ximo, sobre todo cando se trata de participaci\u00f3n cidad\u00e1, onde brillan polo seu saber facer\u201d. (<strong>MAR\u00cdA MU\u00cd\u00d1OS. Ex socia de Cidadan\u00eda e bi\u00f3loga).<\/strong><\/p>\n<p>\u201cCidadan\u00eda foi a mi\u00f1a casa, a mi\u00f1a escola de profesi\u00f3n e vida: al\u00ed aprend\u00edn a investigar, analizar a realidade social, planificar, elaborar pol\u00edticas para a mellora colectiva, intervir e coordinar proxectos sempre dun xeito cooperativo. Aprend\u00edn a traballar en equipo, desde a cr\u00edtica construtiva, a esixencia intelectual e o coidado an\u00edmico das compa\u00f1eiras e compa\u00f1eiros. Este laboratorio de innovaci\u00f3n cidad\u00e1 \u00e9 quiz\u00e1s o grupo de investigaci\u00f3n social e pensamento cr\u00edtico m\u00e1is importante que te\u00f1a dado o pa\u00eds en moito tempo \u00e9 unha empresa pioneira no dese\u00f1o e aplicaci\u00f3n de metodolox\u00edas de participaci\u00f3n.\u201d (<strong>MARCOS LORENZO. Ex socio de Cidadan\u00eda, consultor de proxectos culturais e sociais<\/strong>).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>V\u00e9n de po\u00f1erse en funcionamento cidadania.coop, a nova web da cooperativa Cidadan\u00eda, cun dese\u00f1o mellorado e m\u00e1is adaptado \u00e1s novas potencialidades da comunicaci\u00f3n social con respecto \u00e1 anterior web de 2010. A trav\u00e9s dunha cabeceira principal p\u00f3dese acceder ao todo o contido relativo \u00e1 cooperativa, aos seus valores, \u00e1reas de traballo e biograf\u00edas, redes, novas, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":1320,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[4],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cidadania.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1312"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cidadania.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cidadania.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cidadania.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cidadania.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1312"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/cidadania.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1312\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1417,"href":"https:\/\/cidadania.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1312\/revisions\/1417"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cidadania.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1320"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cidadania.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1312"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cidadania.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1312"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cidadania.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1312"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}