Este proxecto de cooperación dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) promoveuse para favorecer o emprendemento das mulleres nas zonas costeiras de Galicia. Este obxectivo abordouse mediante o programa Embarca, focalizado no acompañamento de iniciativas de turismo mariñeiro; e o programa Aliadas, no que, a través da formación en igualdade, xestión de reunións, relacións en rede e cooperación, habilidades de comunicación persoal, dinámicas de participación, e desenvolvemento e financiamento de proxectos, impulsouse o asociacionismo das mulleres do sector.