O obxectivo deste estudo é o de coñecer o impacto da COVID-19 nas carreiras profesionais do Persoal Docente e Investigador (PDI) da Universidade de Vigo. Realizouse unha diagnose, a través dunha enquisa e grupos de discusión en liña, onde se constata a diminución da actividade investigadora entre as mulleres académicas, evidenciando un escenario de desigualdades que acentúa a fenda de xénero.