A comunidade de persoas usuarias do Centro de Supercomputación de Galicia informa sobre a súa produción científica e avalía a calidade dos servizos prestados de xeito periódico. Mediante esta enquisa coñécese a utilidade do uso dos equipamentos do CESGA, aplicada en estudos e publicacións de Universidades, Centros de investigación e empresas. O equipo técnico do CESGA participa de forma activa, implicándose tanto no deseño e seguimento do estudo como na avaliación de resultados.
Actualidade
Participamos en Consolida+, organizada por EspazoCoop
| ActualidadeO pasado venres, EspazoCoop organizou a xornada Consolida+, na que deu a coñecer os resultados do programa de acompañamento e 3 cooperativas consolidadas compartimos a nosa traxectoria coas persoas asistentes.
Publicacións
- Informe da fenda salarial da USC
O presente informe recolle a análise da fenda salarial de xénero da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o ano 2023. A investigación Diagnose da fenda salarial e principais atrancos na carreira das profesoras e investigadoras da USC, ten como obxectivo central analizar a fenda salarial e o seu impacto no ámbito profesional nas mulleres docentes e investigadoras (PDI) da USC.
- Mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero. Caixa de ferramentas
A Secretaría Xeral da Igualdade publica este documento práctico, dirixido ás Mesas locais de coordinación inter-institucional contra a violencia de xénero. O obxectivo da caixa de ferramentas é brindar apoio ás entidades locais na posta en marcha de distintos recursos que faciliten o traballo destes espazos cooperativos. A caixa de ferramentas inclúe mecanismos de difusión […]
Nas redes sociais
Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais, S. Coop. Galega.
R/ Pamplona 7, 2ºA
15707 Santiago de Compostela
- +34 981 589 269
- cidadania.coop
- cidadania@cidadania.coop