Este programa formativo ten como obxectivo impulsar a posta en marcha e a dinamización das Mesas Locais, reforzando a participación dos e das axentes que interveñen en casos de violencia de xénero e ofrecendo pautas para o funcionamento eficaz do espazo. As Mesas Locais pretenden fortalecer a resposta institucional contra a violencia de xénero, coordinándose para atender de forma integral ás mulleres que se atopan nunha situación de violencia machista. A detección de casos, a formación entre profesionais e a sensibilización en igualdade de cara á sociedade son obxectivos das Mesas Locais.
Actualidade
Proxectos inspiradores para a Mariña Ortegal
| ActualidadePercorremos a liña de costa da Mariña Ortegal en xornadas promovidas polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro deste territorio, na posta en común de experiencias inspiradoras replicables que fortalezan a economía local.
Publicacións
- Informe da fenda salarial da USC
O presente informe recolle a análise da fenda salarial de xénero da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o ano 2023. A investigación Diagnose da fenda salarial e principais atrancos na carreira das profesoras e investigadoras da USC, ten como obxectivo central analizar a fenda salarial e o seu impacto no ámbito profesional nas mulleres docentes e investigadoras (PDI) da USC.
- Mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero. Caixa de ferramentas
A Secretaría Xeral da Igualdade publica este documento práctico, dirixido ás Mesas locais de coordinación inter-institucional contra a violencia de xénero. O obxectivo da caixa de ferramentas é brindar apoio ás entidades locais na posta en marcha de distintos recursos que faciliten o traballo destes espazos cooperativos. A caixa de ferramentas inclúe mecanismos de difusión […]
Nas redes sociais
Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais, S. Coop. Galega.
R/ Pamplona 7, 2ºA
15707 Santiago de Compostela
- +34 981 589 269
- cidadania.coop
- cidadania@cidadania.coop