Os orzamentos participativos son unha ferramenta para que a veciñanza decida, de maneira directa, a que propostas destinar unha parte do orzamento do seu concello. O éxito destes procesos deriva da amplitude e diversidade das persoas participantes. A través dos orzamentos participativos, as principais demandas e preocupacións cidadás son incluídas no orzamento municipal e a propia cidadanía fai o seguimento dos compromisos adquiridos polo concello.