Organizamos e dinamizamos espazos de formación que parten dos intereses das asociacións de mulleres do mar en Galicia. A través da colaboración con distintas profesionais ou mediante programas propios, realizamos sesións de formación relacionadas coa mellora das habilidades dixitais, o reforzo do liderado e o traballo en equipo, posta en práctica de habilidades para falar en público, hábitos saudables no traballo, saúde sexual e reprodutiva, benestar psicolóxico, dereitos laborais, autodefensa, ou turismo mariñeiro. Así mesmo, acompañamos ás asociacións na súa constitución formal.