Galicia destaca pola calidade dos seus produtos e conta cun sector primario con tradición. A Axencia Galega de Calidade Alimentaria promove a regulación destas actividades, tendo en conta a perspectiva dos sectores produtivos, que identifican as materias primas autorizadas, os procesos de elaboración, os límites de produción, e presentación e envases dos produtos, a rastrexabilidade e rexistros necesarios, e o control e hixiene, na elaboración das normas técnicas de cada produto. O fin último desta regulación é o de promover e defender a calidade alimentaria dos produtos galegos.