Asembleas cooperativas
Cidadanía. 2011. A organización e o desenvolvemento de asembleas e xuntanzas dentro de entidades sociais, empresas e administracións deben contar con procedementos claros que permitan obter unha maior utilidade e calidade nas decisións adoptadas. Esta guía toma como referencia a experiencia de Cidadanía no desenvolvemento de procesos de participación cidadá, na configuración de espazos de participación e no asesoramento organizativo a cooperativas para ofrecer unha guía práctica ao alcance de diferentes persoas e entidades.