Diagnose participativa das desigualdades de xénero

O obxectivo desta diagnose foi o de coñecer a situación das mulleres de Santiago de Compostela en distintos ámbitos: emprego, participación, apoderamento, benestar, etc. Para o desenvolvemento da diagnose levouse a cabo unha metodoloxía participativa, que combinou entrevistas ao persoal técnico e político municipal con mesas de traballo sectoriais coas axentes sociais.