Guía para a elaboración de plans locais no eido da inmigración

Xunta de Galicia. Consellería de Presidencia. Secretaría Xeral de Emigración. 2008

As entidades locais teñen un papel primordial á hora de garantir a integración das persoas inmigrantes nas sociedades de acollida. Na guía recóllense diferentes ferramentas e modelos que permiten elaborar plans locais tomando como base unha metodoloxía rigorosa. Así, abórdanse cuestións como á formulación dunha boa diagnose; o deseño de obxectivos, medidas e indicadores; ou a articulación de mecanismos de participación das persoas inmigrantes en todos os asuntos que lles afectan.