Guia para a realización de encontros. Orzamentos participativos. A Coruña
Os orzamentos participativos son unha ferramenta para que a veciñanza da Coruña decida en que vai empregar parte do orzamento do concello. Para posibilitar que a cidadanía poida debater sobre as súas necesidades e querencias deseñaronse varios encontros presenciais que foron desenvoltos por entidades e asociacións. Esta guía forma parte do material de apoio destinada a asociacións e entidades para a realización destes encontros presenciais. A guía recolle diferentes metodoloxías para adaptarse ás necesidades e características das persoas que participan e as súas realidade. Tamén recolle múltiples materiais presentados de maneira axil e atractiva para facilitar o seu uso e comprensión.