Impulsar a cultura participativa

O obxectivo destas guías promovidas por Solidariedade Internacional de Galicia é afondar na cultura participativa, a través da mellora das capacidades para a organización democrática e a dinamización de procesos de participación social. Nesta primeira, abórdanse os conceptos básicos relacionados coa participación, propoñendo diferentes dinámicas para facelo dunha forma activa.