Publicacións

Informe da fenda salarial da USC

O presente informe recolle a análise da fenda salarial de xénero da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o ano 2023. A investigación Diagnose da fenda salarial e principais atrancos na carreira das profesoras e investigadoras da USC, ten como obxectivo central analizar a fenda salarial e o seu impacto no ámbito profesional nas mulleres docentes e investigadoras (PDI) da USC.

Mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero. Caixa de ferramentas

A Secretaría Xeral da Igualdade publica este documento práctico, dirixido ás Mesas locais de coordinación inter-institucional contra a violencia de xénero. O obxectivo da caixa de ferramentas é brindar apoio ás entidades locais na posta en marcha de distintos recursos que faciliten o traballo destes espazos cooperativos. A caixa de ferramentas inclúe…

A participación en tempos de distanciamento

A situación provocada pola COVID-19 fai que teñamos que revisar as formas nas que acompañabamos procesos participativos, para facelos compatibles co coidado da saúde de todas e todos. Neste texto, queremos compartir algunhas das estratexias que levaremos adiante nos próximos meses nos procesos participativos nos que estamos implicadas. Estas reflexións…