Redes
Red de Innovación en procesos participativos
A Rede de Innovación en Procesos Participativos é un espazo de reflexión e acción coordinado, que ten por obxectivo propiciar o intercambio horizontal de información sobre metodoloxías, técnicas e instrumentos facilitadores da participación, entendida como parte esencial da ampliación da democracia.
Ademais, este intercambio permite a xeración de propostas dirixidas ás distintas administracións (locais, rexionais e estatais), co obxectivo de promover marcos legais e políticas mais democráticas. Nesta rede participamos profesionais, activistas, persoas do mundo académico das distintas Comunidades Autónomas, e persoas interesadas de outros países.
Ademais, este intercambio permite a xeración de propostas dirixidas ás distintas administracións (locais, rexionais e estatais), co obxectivo de promover marcos legais e políticas mais democráticas. Nesta rede participamos profesionais, activistas, persoas do mundo académico das distintas Comunidades Autónomas, e persoas interesadas de outros países.
Ben Mercado
BEN MERCADO é o lugar onde facer un consumo consciente a golpe de click, coñecendo en todo momento como conducen as súas actividades cada unha das empresas proveedoras. Con total transparencia e cun compromiso real co noso territorio e cos valores da economía social.
Os productos e servizos de BEN MERCADO están realizados respectando os principios da democracia e a igualdade. Detrás de cada un deles hai un proxecto de economía que busca unha sociedade máis xusta e sustentable.
REAS Galicia
Confórmana entidades dos sectores de produción e transformación ecolóxica, comercialización de produto ecolóxico e comercio xusto; tecnoloxías da información e a comunicación; deseño gráfico; bioconstrución; inserción sociolaboral; difusión, animación e produción cultural e educativa; artesanía; e apoio ao cooperativismo. Os seus obxectivos son impulsar e apoiar unha rede de empresas solidarias que fomenten o respecto ás persoas e o medio ambiente en todos os ámbitos (produción, comercialización, construción, servizos...). Apoia, así mesmo, o desenvolvemento de recursos financeiros éticos e solidarios.
Red CIMAS
Profesionais da área das ciencias sociais e persoas formadas en distintas disciplinas comprometidas activamente coa contorna social e política, na que interveñen con criterios de diversidade, inclusividade, creatividade e cooperación. Constituídas en rede, con nodos en diferentes países de Europa e Latinoamérica, unidos polo obxectivo da transformación social nun contexto de sustentabilidade e de situar ás persoas e comunidades no centro da vida, apostando por una re-definición do marco do público no espazo do procomún. Traballan de forma cooperativa con diferentes redes sociais e entidades cidadás e académicas.
Coop 57 Galicia
Sección Territorial de Coop57. A base social de sócias de servizos, pertencente na súa maior parte ao ámbito cooperativo, tense diversificado a outras realidades da economía solidaria como o asociacionismo das ONG’s; da discapacidade; do feminismo e do ecoloxismo.
Espazo Coop
Entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores. Ten como obxectivos agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen, así como a divulgación, fomento e consolidación do cooperativismo como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico, no marco da economía social e solidaria.