Agareso celebra un encontro entre centros educativos no marco do EpDLab
Esta semana, o Auditorio de Bandeira en Silleda acolleu un encontro intercentros dentro do Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento EpDLab. Este proxecto, coordinado por Agareso, cumpre 10 anos neste curso. O proxecto EdDLab diríxese a mellorar as habilidades de reflexión crítica e participación social do alumnado e do profesorado da ESO de cinco IES de Galicia, nas localidades de Boiro, Bueu, Viana, Brión e Silleda.
A longo do curso escolar a comunidade educativa que participa no EpDLab realiza un traballo de reflexión ao respecto das desigualdades e os elementos xeradores da pobreza e inxustizas desde as ferramentas da comunicación e traballando as competencias dixitais. No encontro mocidade e profesorado compartiron as súas aprendizaxes e intercambiaron ideas que abordaron nos obradoiros realizados nos centros de ensino nos meses anteriores. Cidadania desenvolve nesta edición os traballos relacionados coa avaliación externa do proxecto.
Na sesión houbo tempo tamén para coñecerse mellor e compartir risas e ilusións. Arredor de 100 alumnas e alumnos, co acompañamento de 11 profes, traballaron arredor dos 5 grandes temas escollidos polos propios grupos a comezos de curso: Saúde mental e benestar, Medio ambiente, Activismo e cambio social, Dereito á educación e Convivencia e bo trato.