Actualidad

Inaugúrase a exposición Elas Deciden: Corpo, territorio e paz

Inaugúrase, no Museo do Pobo Galego, a exposición de mulleres da pesca costeira artesanal do Salvador e Galicia. Elas Deciden: corpo, territorio e paz, é un proxecto promovido por Asamblea de Cooperación pola Paz Galicia, que promove a igualdade de xénero e a construcción colectiva de alternativas de xustiza social.

Miranda: divulgación dos oficios do mar das mulleres de Cariño

Mariscadoras e redeiras de Cariño desenvolverán un programa de divulgación dos seus oficios entre a mocidade da vila. Ademais, xunto co sector pesqueiro da zona da Mariña - Ortegal, fortalecerán redes de contacto e definirán, en conxunto, problemáticas e solucións aos principais retos do sector pesqueiro da zona.