FEDER


A Mesa local de coordinación contra a violencia de xénero do Concello de Avión presenta o seu protocolo de coordinación, abordando os itinerarios, mapa de recursos e canles de comunicación para mellorar a atención integral ás mulleres en situación de violencia machista.

O presente informe recolle a análise da fenda salarial de xénero da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o ano 2023. A investigación Diagnose da fenda salarial e principais atrancos na carreira das profesoras e investigadoras da USC, ten como obxectivo central analizar a fenda salarial e o seu impacto no ámbito profesional nas mulleres docentes e investigadoras (PDI) da USC.

A Secretaría Xeral da Igualdade publica este documento práctico, dirixido ás Mesas locais de coordinación inter-institucional contra a violencia de xénero. O obxectivo da caixa de ferramentas é brindar apoio ás entidades locais na posta en marcha de distintos recursos que faciliten o traballo destes espazos cooperativos. A caixa de ferramentas inclúe mecanismos de difusión […]
Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais, S. Coop. Galega.
R/ Pamplona 7, 2ºA
15707 Santiago de Compostela