Actualidad

Comeza Nove Mares: a cultura do mar na Costa da Morte
A fundación Eduardo Pondal desenvolve o proxecto Nove Mares: a cultura do mar na Costa da Morte. Un proxecto para a economía azul sostible no que, a través de espazos de participación, descubriremos o potencial da cultura arredor do mar para o desenvolvento do territorio.

Elas deciden: Corpo, territorio e paz
Elas Deciden é un proxecto de cooperación internacional promovido dende 2019 por Asamblea de Cooperación pola Paz. Neste 2024, acompañamos esta iniciativa arredor da equidade de xénero elaborando unha exposición fotográfica de mulleres da pesca en Galicia e no Salvador.

Formación dirixida ao profesorado no marco do Globo
Solidariedade Internacional de Galicia promove O Globo, un proxecto que pon no centro a participación da mocidade para a transformación social. Entre xaneiro e marzo desenvolve unha formación arredor da educación para a cidadanía global como ferramenta socioeducativa.

Arrancan os orzamentos participativos da mocidade de Compostela
Os orzamentos participativos son un proceso propositivo e de toma de decisións vinculantes onde a mocidade decide onde destinar 100.000 € do orzamento municipal para a programación de actividades que se desenvolverán ao longo do 2024.