Actualidad

Xornada de aprendizaxe colectiva: a equidade como proposta de valor das entidades de ESS
A finais de outubro acompañamos a REAS Galicia nesta xornada participativa arredor da Economía Social e Solidaria e os seus valores centrais, entre os que se atopa a equidade

Bono consolida
Este ano foinos concedida unha axuda do Bono Consolida Economía Social. Dita axuda está destinada á adquisición de equipamento informático. Dita axuda foi concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal.

A Secretaría Xeral da Igualdade celebra unha xornada técnica dirixida aos Centros de Información á Muller
A xornada estruturouse arredor dunha Mesa Redonda de recursos dispoñibles para a atención ás mulleres en situación de violencia machista, e na presentación da caixa de ferramentas para o impulso das mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero.

Acompañamos aos GALP galegos na difusión do período FEMPA
A Consellería do Mar publicou as bases reguladoras das axudas baixo o período de fondos FEMPA. Acompañamos aos Grupos de acción local do sector pesqueiro en Galicia na súa difusión, a través de xornadas técnicas, encontros informativos e posta en común de experiencias de éxito no período anterior.