Actualidad

Presentado o estudo "Diagnose sociolaboral das redeiras de Galicia"
O Peirao, Federación galega de redeiras artesás, vén de presentar este estudo que acouta a este colectivo de mulleres do mar, aborda as condicións sociolaborais destas profesionais, e identifica os retos de futuro das redeiras galegas, un eslabón fundamental do sector pesqueiro.

Tanza recibe o recoñecemento da Red Española de Grupos de Pesca
Tanza é un proxecto de cooperación desenvolto polos Grupos de Acción Local Galegos para o impulso da economía circular. A iniciativa, desenvolta en distintos territorios, puxo en conversa ao sector pesqueiro e ao ámbito da inclusión social, no impulso de iniciativas conxuntas que cristalizaron en #BurelaIN, Ártabro Norte Inclusivo, #Diversiplás, Aula Sostible do Freixo e AMECOMAR.

Acompañamos ás entidades locais no reforzo da coordinación contra as violencias machistas
As mesas de coordinación inter - institucional contra a violencia de xénero teñen un dobre obxectivo: mellorar a atención ás mulleres en situación de violencia, e reforzar a prevención mediante a dinamización dos territorios cara á igualdade de xénero.

Xa podes consultar o mapa estatal de redes e grupos de participación cidadá
A Rede de innovación en procesos participativos (RIEPP) vén de recoller colectivos e entidades promovendo a participación social ao longo da península.