Actualidad

Organizamos encontros emprendedores no marco da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela
O Concello de Santiago vén de desenvolver o proceso arredor da Axenda Urbana 2030, co obxectivo de trazar as liñas futuras municipais a través dunha diagnose, identificando os retos principais e debuxando un plan de acción para o territorio. Durante o 2023 acompañaremos ao Concello na difusión da Axenda Urbana 2030 e a súa documentación, en constante…

Asistimos ao II Encontro da Red de Innovación en Procesos Participativos (RIEPP)
Cidadania viaxou ata Valencia ao II Encontro da Red de Innovación en Procesos Participativos (RIEPP) un espazo de traballo e encontro de entidades e colectivos de profesionais, para intercambiar ideas, proxectos e experiencias sobre los procesos participativos.
Participamos máis de 70 persoas procedentes de distintas comunidades autónomas e con perfís…

Aberto o prazo para os Premios á Cooperación 2023
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de publicar as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2023, podes consultalas neste enlace.
Estes premios outórganse anualmente para fomentar e difundir o cooperativismo e a economía social, afondando nos seus principios e valores. Como cada ano, as cooperativas poden participar en tres categorías:
…

Xornadas provinciais de impulso ás Mesas de coordinación contra a violencia machista
A Secretaría Xeral da Igualdade desenvolve dende o ano 2018 distintas iniciativas para impulsar a coordinación inter - institucional entre axentes que interveñen en procesos de violencia de xénero. A finais do ano 2022, dende Cidadania apoiamos na organización de catro xornadas provinciais, nas que participaron arredor de 90 profesionais de perfil técnico…