Actualidad

A avaliación intermedia dos grupos de acción local do sector pesqueiro
Ao longo destes últimos meses, varios Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) están facendo a avaliación intermedia das súas estratexias, as cales teñen como obxectivo dinamizar o territorio a través das axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Os GALP son entidades que colaboran na xestión deste Fondo coa Consellería do Mar da Xunta…

Mugarik Gabe: o cambio organizacional dende a perspectiva feminista
Nesta nova entrada do blog vos propoñemos, da man de Mugarik Gabe unha viaxe polo invisible. Esta viaxe convídanos a mudar os nosos espazos de traballo dende a perspectiva feminista. Deste xeito, reflexionando conxuntamente e poñendo a vida no centro das organizacións das que formamos parte, podemos transformar as nosas relacións, as nosas vidas e o noso…

Cursos de "Asembleas e reunións" e "Regulamento interno"
Estes cursos, organizados por Espazocoop e impartidos por Cidadanía, comezarán o 14 de febreiro e o 1 de marzo, respectivamente, baixo un formato mixto: formación en liña con dúas sesións presenciais cada un deles. Son de balde.
Se queredes mellorar o desenvolvemento das vosas reunións e asembleas e se queredes pautar a organización interna das vosas…

Vidas mariñeiras
Sete curtas documentais conforman xa a filmografía do programa Vidas mariñeiras.
Elaboradas en 2017 e 2018 por alumnado de secundaria e bacharelato de centros públicos de Pontedeume, Fene, Ares, Ferrol, Burela e Foz, dannos unha visión da vida e o traballo no mar, poñendo en valor o extenso patrimonio e promovendo o respecto do medioambiente mariño e…