Actualidad

Xornada Transformando a Cidade dende o Cooperativismo en Santiago de Compostela
A pasada semana participamos, xunto con outras compañeiras da economía social de Compostela, na xornada "Transformando a cidade dende o cooperativismo", enmarcada na celebración do Ano Internacional das Cooperativas

Mariscando conCiencias para el futuro: comezamos!
O proxecto, financiado pola Fundación Daniel y Nina Carasso, trata de imaxinar e construír futuros sostibles poñendo en común miradas diversas. Neste caso colaboraremos artistas, persoal investigador, mariscadoras a pé, e o Concello de Redondela, coa vista posta na enseada de San Simón.

EspazoCoop organiza a xornada de resultados de CONSOLIDA+
Asistimos un ano máis á xornada de resultados do programa CONSOLIDA+ liderado por EspazoCoop, onde nos atopamos con compañeiras da economía social e solidaria e compartimos información de interese.

Atadeiras | A gobernanza das redeiras da Guarda
A Asociación Atalaia de redeiras do Baixo Miño promove o proxecto Atadeiras, arredor do reforzo da gobernanza da entidade. A través de distintas actividades, acompañamos ás redeiras na súa traxectoria asociativa.