Actualidad

Ondas Limpas: coidado medioambiental en Burela

Ondas Limpas é un programa de formación - acción desenvolto polo Concello de Burela arredor da mellora medioambiental da contorna da Marosa a través de actividades de lecer, artísticas e deportivas, que contou co impulso do Burela Surf Club.

Bono Consolida

Este ano foinos concedida unha axuda do Bono Consolida Economía Social. Dita axuda está destinada á adquisición de equipamento informático, e foi concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal.

Un venres no que coidar as redes!

O pasado venres o equipo de Cidadania participamos en distintos espazos de fortalecemento da rede cooperativa e de mulleres, en dous eventos organizados por EspazoCoop e Escuela Juana Millán.