Ana González, nova socia de Cidadania

Estamos de noraboa en Cidadania: Ana González súmase ao noso equipo como socia. Aínda que leva un tempo con nos, a alta como socia na cooperativa formalizouse neste mes de marzo. Non podemos estar máis contentas, sumando ao equipo unha profesional que nos achega novas formas de facer desde unha perspectiva feminista e transformadora. Orgullosas…

Organizamos encontros co sector pesqueiro nos territorios da Costa da Morte e no Golfo Ártabro Norte

Estes proxectos de dinamización teñen por obxectivo informar ás persoas que integran o sector pesqueiro sobre a nova convocatoria do programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, que xestionan os GALP. Ademais, estes espazos de participación son importantes de cara a poñer en común as necesidades do sector, e impulsar proxectos que fomenten…

Queredes continuar a vosa formación en cooperativismo?

Para estrear o 2020 con novas ideas, facémonos eco destas propostas formativas que comezan en febreiro, e que tratan sobre diversos temas de interese no mundo das cooperativas: xestión de proxectos, réxime económico fiscal das cooperativas, ou liderado e dirección de organizacións, entre outros, organizados pola Confederación Española de Cooperativas…

Acompañamento ás Mesas Locais de coordinación inter-institucional contra a violencia de xénero

Ao longo destes últimos meses estivemos traballando, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, na activación e posta en marcha das Mesas Locais de Coordinación Inter-institucional contra a violencia de xénero en diferentes concellos galegos. Este proxecto ten como obxectivo facilitar o traballo grupal e reforzar a participación dos e das…