I Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía

Cidadania vén de participar neste Congreso que se celebrou en Vitoria-Gasteiz entre o 24 e o 26 de novembro. Fomos xunto co equipo técnico de participación do Concello de Ferrol. Luís García presentou a experiencia do Regulamento de Participación Cidadá.Puidemos informarnos de moitas experiencias, pero quedounos ganas de coñecelas máis a fondo e botamos en falta espazos de intercambio e coñecemento mutuo.

http://www.coepcongress.com/portal/

Foros Cívicos en Ferrol

Cidadania está a colaborar co Concello de Ferrol na celebración de cinco foros cívicos sobre diferentes temas de interese. Os foros cívicos, contemplados no regulamento de participación cidadá, foron aprobados tamén no proceso de orzamentos participativos de 2009. Celébranse durante os meses de novembro e decembro de 2010.

Congreso de cooperativas de ensino 2012

En 2012 a unión galega de cooperativas de ensino, UCETAG, será anfitriona aquí en Galicia do Congreso estatal das cooperativas de ensino. Para anunciar esta cita, Cidadania e a cooperativa audiovisual Fungo, realizaron un vídeo que se presentou o pasado outubro no Congreso que se celebrou este ano en Murcia. O vídeo fixo rir a todos os presentes, e conseguiu poñerlles os dentes longos… que era do que se trataba.

Ferramenta E-CIDADANIA

Cidadania está a desenvolver con Algueirada o proxecto e-cidadania, unha ferramenta en software libre para procesos de democracia participativa con funcionalidades que fan do espazo de participación na rede, un espazo compatible  e complementario cos espazos presenciais.

Aínda en fase de estudo, pretendemos ir poñéndoa en marcha por fases durante o ano 2011.