Actualidad

O CESGA pon en marcha a enquisa de produción científica
Damos apoio ao Centro de Supercomputación de Galicia na elaboración e posta en marcha da enquisa de produción científica, co obxectivo de coñecer a aplicación do uso dos seus servizos para o avance científico.

Indagamos en experiencias de liderados xuvenís transformadores
Unímonos a Solidariedade Internacional de Galicia e ECIGAL da UdC para indagar sobre os Liderados Xuvenís Transformadores. Da man de experiencias promovidas pola mocidade galega, achegámonos a maneira en que rapazas e rapaces transforman a sociedade a través da súa participación.

Proxectos inspiradores para a Mariña Ortegal
Percorremos a liña de costa da Mariña Ortegal en xornadas promovidas polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro deste territorio, na posta en común de experiencias inspiradoras replicables que fortalezan a economía local.

Cidadania recibe o premio á excelencia empresarial do Concello de Santiago
O Concello de Santiago celebra o III Premio á excelencia empresarial, onde Cidadania recibe o premio ás boas prácticas de empresas de economía social. Agradecemos ao Concello de Santiago este recoñecemento institucional, e parabenizamos a todas as empresas participantes!