Actualidad

A Aula Sostible do Freixo acolle a visita de Circular Way to Inclusion
A Aula Sostible do Freixo acolle a visita do proxecto europeo Circular Way to Inclusion, que pretende achegar á mocidade a economía circular. As mariscadoras e as asociacións de saúde mental amosan o seu traballo en Outes.

Nove Mares chega a porto cos últimos espazos xeradores de cultura
A Fundación Eduardo Pondal continua co proxecto Nove Mares: a cultura marítima da Costa da Morte, onde indagamos sobre iniciativas exitosas e procuramos novas formas de promover a Economía azul no territorio.

Miranda: divulgación dos oficios do mar das mulleres de Cariño
Mariscadoras e redeiras de Cariño desenvolverán un programa de divulgación dos seus oficios entre a mocidade da vila. Ademais, xunto co sector pesqueiro da zona da Mariña - Ortegal, fortalecerán redes de contacto e definirán, en conxunto, problemáticas e solucións aos principais retos do sector pesqueiro da zona.

Ensinamos o corazón facendo balance social, da man de REAS Galicia
O Balance Social é unha carta de presentación das empresas que formamos parte da Economía Social e Solidaria, xa que nos permite poñer en valor boas prácticas e repensar melloras nas nosas organiacións. REAS desenvolve cada ano a campaña #ESS #Ensinaocorazón