Actualidad

Infancia e participación

A participación infantil ten como protagonistas a nenas e nenos na defensa dos seus intereses, preocupacións e desexos, naqueles temas que afectan ás súas condicións de vida individuais e colectivas. Con estas premisas son cada vez máis os proxectos nos que administracións e entidades sociais integran a perspectiva da infancia nas diferentes fases de planificación…

Formación en participación cidadá dirixida a grupos políticos e persoal técnico. Concello de Narón.

O pasado venres 23 de xaneiro celebrouse a primeira das tres sesións formativas que se van desenvolver dentro do programa formativo dirixido a responsables políticos e persoal técnico. O programa forma parte das diferentes actuacións recollidas dentro do proxecto de participación cidadá do Concello de Narón. Comezou así unha nova fase de traballo iniciada…

Curso Experto Universitario en Xestión Cultural USC

O venres 17 de outubro impartimos a sesión sobre técnicas de investigación social no Curso Experto Universitario en Xestión Cultural organizado pola Universidade de Santiago de Compostela. A sesión desenvolveuse con prácticas e dinámicas de participación activa e nela cuestionamos o concepto de necesidade, practicamos técnicas de análise cuantitativa…

Presentación do informe de avaliación dos Grupos de Acción Costeira

O 15 de xullo celebrouse na Finca Somoza en Santiago de Compostela a presentación da avaliación social e organizativa do Eixe IV do Fondo Europeo de Pesca para os Grupos de Acción Costeira. O principal obxectivo deste encontro organizado pola Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia era presentar os resultados obtidos do informe e sinalar…