Actualidad

E-Cidadania en Google Summer of Code
En agosto finalizou a edición 2012 do Google Summer of Code. Como sabedes, o proxecto e-cidadania, a aplicación de código aberto para a participación cidadá, contou grazas a Google coa colaboración de catro estudantes e tres titores dos seguintes países: India, Macedonia, Francia, España, Brasil e Perú.
Os resultados do traballo foron moi tanxibles…

Estudo para as Bodegas Marqués de Vizhoja
Cidadania vén de rematar un estudo de satisfacción para unha recoñecida firma de viños. A investigación consistiu en avaliar a recepción dos seus produtos a través da campaña publicitaria realizada por esta empresa no conxunto da poboación galega. Analizouse a imaxe transmitida pola anuncios televisivos e o seu impacto na imaxe dos produtos.
O desenvolvemento…

Cidadania participa no Encontro Internacional Cooperativo
Cidadania participou no Encontro Internacional Cooperativo celebrado en Santiago baixo o lema “As empresas cooperativas axudan a construír un mundo mellor”. A través dun Stand na Mostra Cooperativa, tivemos ocasión de presentar os nosos servizos e identidade como cooperativa de traballo.
Durante os tres días do Encontro, cooperativistas de distintos…

Cidadania, boa práctica de software libre
Cidadania vén de participar o pasado 31 de maio na xornada de Boas Prácticas organizada polo Centro Demostrador TIC. Acompañada de TEGNIX, Cidadania presentou o proceso de migración a software libre que iniciou de forma pioneira en 2005.
Existe unha liña común entre os principios cooperativos e os do software libre, que animou no seu día a Cidadania…