Cursos de asambleas e reunións
Cidadania está colaborando coa UCETAG na programación de actividades dentro da Rede Eusumo. Dentro desta programación intégrase un curso gratuíto para mellorar o funcionamento das asembleas e reunións. Este curso parte de sistematizar a nosa traxectoria de traballo con centros de ensino, cooperativas, asociacións e procesos de participación cidadá. Presenta ferramentas prácticas para facer as reunións máis efectivas, participativas e cun mellor clima grupal. O curso é on-line, con dúas sesións presencias nas que se porán en práctica as técnicas aprendidas. Ofértase de forma gratuita en Vigo, A Coruña, Santiago, Narón, Ourense e Lugo. Comezan o 4 de maio! Podes obter mais información e inscribirte en:
http://www.ucetag.org/es/inicio.aspx