Actualidad

A verdadeira historia da mazá de Brancaneves!
Con texto de Francisco Rodríguez e ilustracións de Javier Monsalvett, temos neste conto unha mirada aguda ás mazás do súper. Desde a Cooperativa de Consumo Consciente Árbore, editan esta revisión da historia da mazá de Brancaneves. Recomendámola!
Descarga o conto en pdf

Tecnicas participativas de dinamización no ambito agroforestal
Dous dos nosos colaboradores impartirán o curso "Técnicas participativas de dinamización no ámbito agroforestal" o 10 de Novembro en Tambre.
O obxectivo e coñecer unha metodoloxía participativa, adaptada os GDRs e o escenario no que operan, orientada a promoción de iniciativas de agrupación e/ou cooperación entre as xentes do ámbito forestal.
…

As Fragas Artesás
Cidadania participará na realización do proxecto de sensibilización ambiental a través das actividades artesanais no Eume. Un proxecto que enlaza os recursos naturais coas actividades artesanais e a oferta turística. Para a realización do proceso cóntase coa colaboración da entidade asociativa Artesáns do Eume, que agrupa a un conxunto de artesáns e…

Conta oficial de cidadania en GitHub
Dende fai un mes, cidadania ten conta propia en GitHub, a forxa de desenvolvemento basada en GIT de uso libre. Todo o código que desenvolvamos estará dispoñible ahí para todo o mundo. Podedes visitalo en:
http://github.com/cidadania
Recordade que se queredes colaborar no desenvolvemento de e-cidadania podedes facelo dende:
http://dev.ecidadania.org